Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lourenzá alcanza a temperatura máis alta de Galicia este domingo con 36.3 graos

Lourenzá alcanza a temperatura máis alta de Galicia este domingo con 36.3 graos

Esta fin de semana de outono entra nos libros da historia meteorolóxica de Galicia porque se bateron marcas nos termómetros

G24.gal 08/10/2023 22:03

Este domingo volveu ser unha xornada moi calorosa. Esta fin de semana de outono entra nos libros da historia meteorolóxica do país porque se bateron marcas de temperaturas. 

E, ao contrario do que acontece no verán, na provincia de Lugo atopamos catro das cinco localidades en que máis subiu o termómetro. No norte da provincia, en Lourenzá e Mondoñedo, foi onde máis quentou o sol, con 36 e 35 graos. En 34 quedaron en Ourense, O Valadouro e Pantón. 

Lourenzá chega aos 36,3 graos

Unha temperatura extraordinaria, a que se rexistrou este domingo en Galicia: 36,3 graos en Lourenzá a 8 de outubro. Nin no verán acostuman a chegar no norte de Lugo a máximas tan altas.

Esta calor abafante foi esta fin de semana xeneralizada en todo o país. En Mondoñedo superaron os 35 graos e en Ourense andaron moi preto. 

A Mariña

Valores tamén non habituais os que atopamos en localidades coma Viveiro, Burela e Cedeira, que ben cedo chegaban xa aos 30 graos, uns rexistros históricos que teñen encantados a aqueles aos que lles gusta a idea de alongar o verán e asustados a maioría.

Segundo as previsións, mañá continúa o sol e a calor neste outono que non parece outono.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade