Publicador de contidos

Publicador de contidos

Loureiro descobre o que vai atopar o Lugo en Andorra

Loureiro descobre o que vai atopar o Lugo en Andorra

G24.gal 19/11/2022 15:07

O Lugo viaxa a Andorra coa lección aprendida. Para iso contou cun mestre de excepción: Miguel Loureiro. O lateral, que xogou no equipo andorrano entre 2019 e 2021 ao carón do técnico Eder Sarabia, desvela o que se van atopar no Estadi Nacional.

Miguel Loureiro, C. D. Lugo: "Eu creo que o punto forte da idea de Eder é o dominio con balón, conseguen levar o peso de todos os partidos e moitas veces logran tolear o rival. Acumulan moitos xogadores por diante do balón e creo que en transicións pódeselles facer dano e, sobre todo, polas características dos futbolistas, de bo trato de balón, quizais a nivel defensivo poden sufrir un pouco máis".

Loureiro tamén explica cales son, segundo el, as causas polas que o Andorra marcou no engadido sete dos quince goles que leva.

Miguel Loureiro, C. D. Lugo: "Conseguen que o rival estea correndo detrás da pelota a meirande parte do partido e non sempre se aguanta a nivel físico e costa seguirlles o ritmo".

Con estes condicionantes, o cercedense ten claro o plan que se debe seguir.

Miguel Loureiro, C. D. Lugo: "Ter paciencia e saber agardar o momento, creo que se conseguimos iso, roubar e transitar con velocidade, ás costas da súa defensa, podemos crearlles perigo. E sobre todo, ter tranquilidade atrás, estar moi xuntos para que non entren eses balóns interiores".

Loureiro agarda escribir unha páxina histórica logrando a primeira vitoria lucense en Andorra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos