Publicador de contidos

Publicador de contidos

Racing e Lugo asinan táboas na Malata (1-1)

Racing e Lugo asinan táboas na Malata (1-1)

O estado do céspede condicionou o partido

Dacosta adiantou ao Racing no inicio da segunda parte

Balboa empatou cun golazo para o Lugo

G24.gal 07/02/2026 18:52 Última actualización 07/02/2026 19:22

O Rácing e o Lugo interpretaron na Malata un auténtico himno á épica, o esforzo e á entrega, no que a choiva foi a gran protagonista. E no que os xogadores tiveron verdadeiros problemas para manterse en pé, como nos amosou Diego Caballo no primeiro achegamento do partido. Ou pouco despois o asistente arbitral que tivo que ser substituido.

Nun escenario así, tocou un exercio de evitar erros e buscar os do rival. Foi un partido escaso en ocasións, no que o Rácing tivo a mellor no primeiro tempo. Un gol de Escobar que non subiu ao marcador por fóra de xogo. No segundo período, os dous conxuntos tiveron os seus momentos e os dous conseguiron marcar. Primeiro, Dacosta para o Rácing aos tres minutos do reinicio. E logo veu o empate de Balboa. Un gol fermoso desde a distancia (minuto 68).

Empate final do derbi da Malata. Resultado que non colma aspiracións, pero que non disgusta á vista da circunstancias.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos