Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lolita sae de Lugo aos 90 anos a polo seu cuarto Camiño de Santiago: "Vou ao meu ritmo"

Lolita sae de Lugo aos 90 anos a polo seu cuarto Camiño de Santiago: "Vou ao meu ritmo"

Comparte a experiencia con outros 200 peregrinos, o máis novo un bebé no seu carriño

G24.gal 22/01/2022 19:57

200 peregrinos partiron este sábado de Lugo para facer o camiño primitivo. Farán unha etapa ao mes ata chegar a Santiago.

E entre eles, hai unha peregrina moi especial. Chámase Dolores Barro, ou Lolita, como a coñecen en Viveiro. Ten 90 anos e é a cuarta vez que fai o Camiño, aínda que nunca fixera a ruta primitiva

Ela é a máis veterana das 200 persoas que iniciaron o percorrido. O máis novo dos peregrinos é un bebé de cinco meses que vai tranquilamente no carriño empurrado pola súa nai. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade