Localizan o corpo sen vida dunha muller en augas do porto de Tragove
O corpo apareceu ás 9:30 horas deste luns

Os servizos de emerxencia informaron este luns de que foi localizado o corpo sen vida dunha muller en augas do porto de Tragove, no concello pontevedrés de Cambados.
O corpo apareceu ás 9:30 horas deste luns. O 112 mobilizou a Salvamento Marítimo, o Servizo de Gardacostas de Galicia, Garda Civil, Policía Local e Protección Civil.
Polo de agora descoñécense as causas da morte, aínda que fontes policiais apuntan a un posible suicidio.
🔴 #AXEGAInforma dunha persoa que foi atopada falecida nas augas do porto de Tragove, en #Cambados. As forzas da orde traballan para tratar de esclarecer o acontecido.
— 112Galicia (@112Galicia) October 31, 2022
Informados: @salvamentogob, @GardacostasGal, @guardiacivil e a Policía Local e Protección Civil de Cambados. pic.twitter.com/7uU8DEKqZs