Cargando resultados...
Atopan un estibador morto no porto da Coruña
O corpo atopárono no peirao de San Diego e os primeiros indicios apuntan a que faleceu por causas naturais
Peirao de San Diego na Coruña / Arquivo
G24.gal
20/11/2022 12:41
Contra as 09:30 horas deste domingo traballadores do porto da Coruña avisaron os servizos de emerxencia de que atoparan un estibador inconsciente na zona de talleres do peirao de San Diego.
Malia os intentos de reanimación realizados polos seus compañeiros e polos servizos sanitarios mobilizados polo 112, non puideron facer nada por salvarlle a vida ao traballador da empresa TMGA.
Ata o lugar desprazáronse, ademais dunha ambulancia do 061, axentes da Policía Nacional e da Garda Civil e membros da Autoridade Portuaria da Coruña.
Os primeiros indicios apuntan a que o estibador morreu por causas naturais.