Publicador de contidos

Publicador de contidos

Localizan en Xunqueria de Ambía o ancián de Verín desaparecido este mércores

Localizan en Xunqueria de Ambía o ancián de Verín desaparecido este mércores

O home, de 84 anos, levara á muller no coche a un supermercado e nese momento desapareceu

G24.gal 06/07/2023 10:23

Silverio García, veciño de Verín desaparecido este mércores en Verín, foi localizado en bo estado en Xunqueira de Ambía tras horas de angustia por parte dos seus familiares, que non sabían nada del.

Silverio, de 84 anos, e residente na aldea de Vilarmaior, levara a muller no coche a un supermercado de Verín e quedou en recollela ao rematar, pero non apareceu.

A familia pensaba que se puidera despistar conducindo e pediu colaboración cidadá para poder dar co seu paradoiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade