Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan morta a cantante viguesa Seila Esencia, que levaba 20 días desaparecida

Atopan morta a cantante viguesa Seila Esencia, que levaba 20 días desaparecida

Desde o 20 de abril non había noticias do paradoiro da vocalista, de 39 anos

G24.gal 05/05/2026 11:30

A cantante viguesa Seila Esencia, de 39 anos, apareceu morta este martes en Vigo tras vinte días sen saber do seu paradoiro.

A Policía Nacional confirmou que o seu cadáver foi localizado de madrugada na zona da senda verde e, aparentemente, sen sinais de criminalidade na súa morte, á espera de que se lle practique a autopsia.

Levaba desaparecida desde o pasado 20 de abril, segundo a Asociación SOS Desaparecidos, que este luns emitira unha alerta solicitando colaboración á cidadanía para tratar de dar co seu paradoiro.

Esa asociación enviou un forte abrazo á familia e os amigos de Seila.

A cantante alcanzou certa popularidade coa súa participación no programa de TVE Hit-La Canción en 2015 e tamén formou parte da banda galega Phantom Club.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade