Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan un veciño da Pobra de Trives pola morte de 90 ovellas e cabras

Investigan un veciño da Pobra de Trives pola morte de 90 ovellas e cabras

Tras o achado de ósos de animais nas proximidades dunha granxa, os axentes localizaron no interior da explotación 90 cadáveres de cabras e ovellas en estado de descomposición

G24.gal 05/05/2026 12:02

A Garda Civil tomoulle declaración en calidade de investigado a un veciño da Pobra de Trives como presunto autor dun delito de malos tratos animais.

Segundo informaron fontes da Comandancia, o Seprona tivo coñecemento o pasado mes de marzo do achado de restos óseos de animais nas proximidades dunha granxa dedicada á cría de gando ovino e caprino, na Pobra de Trives.

A Garda Civil, no marco da operación Custodia Gregi, xunto a persoal do servizo de veterinarios da Xunta, realizou unha inspección na explotación para comprobar o estado dos animais e localizou 90 cadáveres de cabras e ovellas en estado de descomposición, polo que se procedeu á imputación do responsable.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade