Cargando resultados...
Lobete xogará cedido no RKC Waalwijk dos Países Baixos
Efémero paso do vasco polo Celta. Xusto despois de firmar viaxou para formalizar a cesión na Eredivisie

G24.gal
28/07/2022 21:34
Julen Lobete chegou a Vigo, asinou o contrato que o une ao Celta para as vindeiras catro temporadas (as dúas primeiras con ficha do filial e as dúas últimas co primeiro equipo) e volveu coller un avión para ir cara aos Países Baixos, nun mercado que domina Luis Campos e onde xa colocou a José Fontán.
Lobete xogará cedido no RKC Waalwijk esta temporada. Falábase da posibilidade de adestrarse un tempo co Celta para ver se podía convencer a Coudet no caso de que non chegasen reforzos, pero a determinación de cedelo foi inmediata.
O seu equipo é un clásico da Eredivisie e a temporada anterior rematou no décimo posto.