Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lino López: "Non necesitamos gañar, necesitamos ser mellores"

Lino López: "Non necesitamos gañar, necesitamos ser mellores"

O Baxi Ferrol, pleno de triunfos na fase de grupos da Eurocup Women, recibe este mércores na Malata (20:15 horas, G2) o Benfica

G24.gal 28/10/2025 15:17 Última actualización 28/10/2025 15:27

O Baxi Ferrol, pleno de triunfos na fase de grupos da Eurocup Women, recibe este mércores na Malata (20:15 horas, G2) un Benfica que aínda non coñece a vitoria, e esa disonancia de dinámicas convida o comandante Lino López a pedir prudencia.

"O Benfica é un equipo moi duro, un xogo de moitos contactos e que, desde o primeiro minuto, márcache unha intensidade moi alta e tes que igualar esa dureza física e de defensa para ser capaz de competir contra elas. Será un partido cun marcador baixo, posesións longas e de perfil defensivo", avanza o técnico.

A Lino non se lle escapa que a súa visita a terras lusas non se resolveu ata o último cuarto. Ademais, subliña, hai cousas máis importantes que liderar ou non o grupo. 

"Máis que a colocación na clasificación dentro do grupo, o que me importa é que o equipo mellore e creza. Que sigan dando pasos, que sexamos constantes nos 40 minutos e que queiramos ser mellores todo o tempo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade