Lino López: "Avenida é un dos equipos favoritos para gañar a Eurocup"
O Baxi Ferrol disputa ás oito e media o partido de ida dos oitavos de final da Eurocup na pista do Avenida Salamanca. A G2 e AGalega.gal retransmiten o partido
O desenlace da eliminatória o próximo mércores na Malata
Partido especial para o técnico ferrolán que se enfronta a un dos seus ex equipos
O Baxi Ferrol xa está en Salamanca onde disputará a ida dos oitavos de final da Eurocup ante o conxunto local. Envite complicado para as de Lino López. O adestrador avisaba dos perigos do conxunto salmantino:
"Ante un rival como Avenida, que é un dos equipos favoritos para gañar a competición, tes que facer moitas cousas ben para competir contra elas. Tentar estar moi concentradas, defensivamente facer un bo traballo colectivo e ser capaces de competir os oitenta minutos da eliminatoria"