Publicador de contidos

Publicador de contidos

Libre pero investigado por homicidio o condutor que caeu co coche ao río en Cotobade

Libre pero investigado por homicidio o condutor que caeu co coche ao río en Cotobade

O mozo pasou este mércores a disposición xudicial en Pontevedra, pero negouse a declarar

G24.gal 05/10/2022 16:45 Última actualización 05/10/2022 17:30

Queda en liberdade con cargos o mozo de 24 anos que caeu co coche ao río Almofrei en Cotobade este martes.

No sinistro, lembramos, faleceu a súa acompañante, unha moza de 29 anos.

O condutor está investigado por homicidio imprudente e tamén por un delito contra a seguridade viaria por conducir sen carné.

O mozo pasou a disposición xudicial este mércores en Pontevedra pero acolleuse ao seu dereito a non declarar.

O accidente ocorreu arredor das tres da tarde deste martes na ponte do Almofrei, na aldea de Loureiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade