Liberdade para seis detidos no último operativo contra o tráfico de drogas con epicentro na Arousa
A maxistrada do Xulgado de Instrución número dous de Santiago acordou a posta en liberdade, con medidas
EFE/Xoán Rey
A maxistrada do Xulgado de Instrución número dous de Santiago acordou a posta en liberdade, con medidas, dos seis detidos que pasaron este venres a disposición xudicial, segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O operativo desenvolveuse na xornada do mércores, cando unidades da Policía Nacional de Vilagarcía de Arousa, Santiago e dos Grupos de Resposta Especial para o Crime Organizado (GRECO) despregaron unha intervención contra o tráfico de drogas no que usaron escavadoras para rexistrar unha leira no municipio pontevedrés de Vilanova de Arousa.
Como resultado, os axentes detiveron sete persoas en localidades da Arousa e en Pontecesures.
O operativo deste mércores desenvolveuse como continuidade doutra operación, realizada hai unhas semanas en Santiago, na que se interveu heroína.