Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ascenden a sete os detidos na operación antidroga iniciada este mércores no Salnés

Ascenden a sete os detidos na operación antidroga iniciada este mércores no Salnés

A Policía realizou varios rexistros en Vilanova de Arousa, Ribadumia e Pontecesures continuando con outro operativo contra o narcotráfico levado a cabo hai varias semanas

G24.gal 27/11/2025 12:55

Continúa aberta a operación contra o tráfico de drogas, heroína neste caso, iniciada este mércores en vairas vilas do Salnés. A Policía Nacional está a facer rexistros en varias localidades desa comarca e xa hai 7 detidos.

A operación, que se desenvolve baixo secreto de sumario, foi ordenada por un xulgado de instrución de Santiago de Compostela, sinalou o delegado do Goberno, Pedro Blanco, durante un acto sobre ciberdelincuencia.

No operativo participan axentes policiais de Santiago de Compostela e doutros puntos de Galicia, precisou o representante do Goberno central que encomiou o "traballo constante e permanente" dos investigadores contra ese tipo de delincuencia.

A operación é froito da investigación vinculada a outra operación anterior contra o tráfico de droga realizada hai unhas semanas en Santiago na que se comisou heroína, e que este mércores se trasladou ata a provincia de Pontevedra con rexistros na Arousa e Pontecesures, que levaron a cabo unidades da Policía Nacional de Vilagarcía de Arousa e Santiago e efectivos do Grupo de Resposta Especial para o Crime Organizado (GRECO).

Axentes da Policía Nacional rexistraron un inmoble no municipio pontevedrés de Ribadumia e o Grupo Operativo de Intervencións Técnicas (GOIT) despregou dúas escavadoras para rexistrar unha leira en Vilanova de Arousa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade