Publicador de contidos

Publicador de contidos

Liberdade, con comparecencias semanais, para o detido por provocar incendios en Ourense

Liberdade, con comparecencias semanais, para o detido por provocar incendios en Ourense

Despois de detectar unha actividade incendiaria anómala na zona, abriuse unha investigación que permitiu dar co presunto pirómano

 

Incendio que afecta o municipio ourensán de Vilardevós (Brais Lorenzo/EFE) Incendio que afecta o municipio ourensán de Vilardevós (Brais Lorenzo/EFE)
G24.gal 07/08/2025 19:33

O detido en Ourense por provocar, presuntamente, varios incendios no municipio quedou en liberdade, coa obrigación de efectuar comparecencias semanais no xulgado.

O home, de 28 anos, está investigado polo Xulgado de Instrución número 1 de Ourense, en funcións de garda, por incendio en grao de tentativa. 

Foron axentes ambientais da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) e do Distrito Forestal XII Miño-Arnoia quen lle identificou por prender varios lumes no lugar de Canibelos, na parroquia de Velle, dentro do concello de Ourense.

Despois de detectar unha actividade incendiaria anómala na zona, abriuse unha investigación que permitiu dar co presunto pirómano cando provocaba de forma intencionada un novo incendio forestal na zona.

O operativo especial de vixilancia contou co apoio dun helicóptero do Corpo Nacional de Policía e varios drons da UIFO. Este último corpo que investiga incendios forestais busca identificar aos presuntos autores doutros incendios que se rexistraron nos últimos días en Galicia e que se consideran intencionados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade