Publicador de contidos

Publicador de contidos

Liberados os tres arroaces atrapados na Toxa

Liberados os tres arroaces atrapados na Toxa

Medio cento de voluntarios coordinados pola CEMMA participaron no operativo

Desde o ano 2.000 xa se rescataron 14 cetáceos neste lugar

Capitán, Grumete e Aquelado recuperan a liberdade
G24.gal 27/11/2021 22:25

Capitán, Grumete e máis Aquelado xa andan ceibos pola ría de Arousa. Son os tres arroaces que desde mércores quedaran atrapados preto da Illa da Toxa e, como pasou sempre que os cetáceos entran aquí, negábanse a saír por debaixo da ponte, así que houbo que axudarlles a saír á man. 

Durante moitos anos os cetáceos quedaban atrapados na zona e matábanos para comer. Desde o ano 2.000 a CEMMA retirou 14 exemplares. O motivo non se sabe exactamente. Os animais dan a volta á Illa e cando chegan á ponte non son capaces de pasar por debaixo e quedan a expensas das mareas, atrapados no labirinto. 

Primeiro trataron de xuntalos entre varios piragüistas, pero os arroaces non entenderon que iso fose unha tarefa de salvamento. 

Finalmente nunha manobra complexa, na que participaron medio cento de voluntarios conseguiron trasladar os animais, duns 400 quilos,  ata a praia para levalos ao outro lado da ponte nunha padiola de lona. Unha manobra que foi criticada polo Instituto para o Estudo dos Delfíns Mulares, que non consideraba que fose o momento de facelo. Desde a Coordinadora valoraron positivamente o rescate tanto para os animais como para as persoas participantes.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade