Publicador de contidos

Publicador de contidos

Leyma Coruña e COB Ourense afrontan a xornada coa mira en diferentes obxectivos

Leyma Coruña e COB Ourense afrontan a xornada coa mira en diferentes obxectivos

O Leyma Coruña venceu todos os partidos neste 2026 e busca consolidar o liderado

O COB Ourense gañou o seu último partido despois de catro derrotas consecutivas

G24.gal 11/02/2026 13:28 Última actualización 11/02/2026 14:58

O Leyma Coruña agarda contra o Zamora lograr o único resultado que coñece neste 2026, a vitoria. Dos 18 partidos xogados de Primeira FEB, a derrota contra o Obradoiro a finais de decembro é a única mancha nun expediente case impoluto dos coruñeses na súa volta á segunda división do baloncesto español.

Os de Carles Marco aínda non coñecen o que é perder en casa en liga regular. Encóntranse primeiros con dúas vitorias de diferenza sobre os composteláns.

Carles Marco: "Cando ves a clasificación, só unha derrota, dá vertixe. Pero non é doado".

Pola contra, o COB está situado no 11º posto, a unha soa vitoria do último posto de playoff de ascenso á ACB, praza que ocupa agora o Fibwi Palma. Tras unha serie de catro derrotas (tres en liga e unha en copa), os de Moncho López volveron á senda da vitoria fronte ao HLA Alacant. A pesar das 10 derrotas en liga, o obxectivo de loitar a final de temporada por subir de categoría segue intacto.

Moncho López: "Ánimos reforzados tras gañar. Viñamos de 4 derrotas. Imos coa idea de gañar".

Un resultado positivo dos coruñeses axudaría indirectamente ás aspiracións dos ourensáns, xa que o COB conta coas mesmas vitorias que o Zamora. De todas formas, os de Moncho López deben facer valer o seu favoritismo fronte ao Cartaxena para avivar as súas aspiracións de playoff.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade