Ximo Navarro alongou a recuperación "por medo a recaer"
O granadino xa tivo minutos nos dous últimos partidos
Foto Deportivo
Ximo Navarro foi protagonista na mañá deste mércores en Abegondo. O lateral deportivista, que xa acumula minutos nos dous últimos partidos despois da súa complexa lesión muscular, recoñeceu que "o medo" para recaer fíxolle alongar algo máis do esperado a súa recuperación.
"Foron máis ou menos catro meses, era o tempo que esperaba, a idea era estar dispoñible nalgún partido de xaneiro, para o partido das Palmas. Pero non me atopaba ben esas semanas".
"Cando me atopei mentalmente ben, decidín dar o paso”.
O Deportivo xoga a domicilio en Castellón, un dos equipos que gañou en Riazor na primeira volta.
"Imos polos tres puntos, son igual de importantes. Aquí o Castelló fixo un bo partido, pero imos corrixir o que fixemos mal ese día e imos facer unha boa semana de traballo. Estou convencido de que imos sacar os tres puntos alí".