Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estudantes do IGFAE subliñan o peso das mulleres na investigación subatómica

Estudantes do IGFAE subliñan o peso das mulleres na investigación subatómica

O Instituto Galego de Físicas de Altas Enerxías celebra o Día das Mulleres e as Nenas na Ciencia para subliñar a fenda de xénero que persiste nalgunhas disciplinas

G24.gal 11/02/2026 15:01

Xa hai dez anos que a OMS celebra tal día coma hoxe o Día Internacional das Mulleres e das Nenas na Ciencia. É unha data para non dar por sentados os dereitos e os espazos adquiridos e seguir reclamando unha igualdade que aínda non é total. Aquí en Galicia, por exemplo, aínda son menos dun 30 % as mulleres que seguen carreira como investigadoras en Física de Partículas

"Eu quería entender a orixe do universo e ao comezo pensei que non estaba ao meu alcance, que era algo para grandes cerebros. Pero somos persoas normais e con esforzo e estudo pode lograrse", dixo Victoria Valcarce, que realiza un doutoramento en Física de Partículas no IGFAE

As estudantes son aquí case a metade entre os doutorandos, pero menos do 30 % dos investigadores sénior.

"Avanzouse moito. Se miramos un século atrás a única muller na foto era Marie Curie", dixo Cristina López, que tamén é estudante de doutoramento no IGFAE.

Cren que o seu campo adoece da falta de corresponsabilidade que se observa a nivel social, pero tamén de certo receo ante unha disciplina á que hai que perderlle o medo.

Hoxe, nesta aula, alumnas de bacharelato analizaron coas investigadoras do IGFAE os datos do acelerador de partículas do CERN.

O obxectivo é acabar coa fenda de xénero e canto antes, conseguir cambiar a foto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade