Aston Martin presenta o coche que pilotará Fernando Alonso durante 2026
Este será o cuarto ano no que correrá para a escuadra británica
Haberá que agardar á primeira carreira da temporada para saber da competitividade do auto
En Arabia Saudita presentouse o AMR26, o modelo de Aston Martin que pilotará Fernando Alonso neste 2026. Esta será a cuarta temporada do asturiano no equipo británico, no cal espera obter os resultados que conseguiu en 2023. Nese ano foi cuarto no Mundial e logrou un total de oito podios.
Fernando Alonso: "Quedar no top 5 no Campionato de Construtores é unha obriga para nós, e esperamos obter resultados importante nun par de carreiras"
Especúlase que este ano pode ser o da súa retirada, tanto pola súa idade (43 anos) como polo feito de que vai ser pai por primeira vez. Na entrevista posterior á presentación, o asturiano non quixo despexar as dúbidas que rodean o seu futuro.
Fernando Alonso: "Non sei se esta será a última, pero o meu plan é gozar de cada segundo. Se estou un ano máis serei feliz, pero irei carreira a carreira"
A experiencia gañadora do enxeñeiro británico Adrian Newey e o nivel de pilotaxe mostrado polo bicampión do mundo poden impulsar o Aston Martin a ser un dos equipos beneficiados co novo regulamento implantado este ano pola Fórmula 1. O seu compañeiro de equipo seguirá sendo o canadense Lance Stroll, ao que gañou no cara a cara nas tres temporadas anteriores.