Publicador de contidos

Publicador de contidos

En liberdade os tres detidos en Teo, coa obriga de compareceren no xulgado

En liberdade os tres detidos en Teo, coa obriga de compareceren no xulgado

Hai polo menos 11 arrestados por furtos continuados e falsidade documental

G24.gal 11/02/2026 15:34

Os tres detidos en Teo, acusados de furtos continuados e falsidade documental, nun operativo dirixido pola Sección de Instrución do Tribunal de Instancia número 3 de Santiago, quedaron en liberdade coa obriga de comparecer mensualmente e coa prohibición de saír do territorio nacional. Este mércores, segundo informou o TSXG, pasaron a disposición xudicial tres persoas dos polo menos 11 arrestados por este caso.

Estas mesmas fontes sinalaron que a causa continúa polos presuntos delitos de furtos continuados, falsidade documental e aqueles que puidesen derivarse da instrución da causa, mentres que o procedemento segue declarado secreto. Este luns e este martes a Garda Civil e a Axencia Tributaria practicaron rexistros en, polo menos, unha vivenda do municipio coruñés de Teo. Os arrestados mercaban e vendían coches de importación en dous negocios que tiñan en Padrón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade