Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous detidos en Portugal tras intervir drogas, armas e cartos nun rocho de Salvaterra

Dous detidos en Portugal tras intervir drogas, armas e cartos nun rocho de Salvaterra

Un dos arrestados quedou en liberdade e para o outro o xuíz ditou prisión preventiva

Imaxe do material comisado pola Garda Civil Imaxe do material comisado pola Garda Civil
G24.gal 02/02/2026 16:00

A Garda Civil detivo dous homes, veciños de Portugal, tras desmantelar un punto de almacenamento de substancias estupefacientes e armas en Salvaterra de Miño.

Segundo informou o Instituto Armado nun comunicado, os feitos comezaron despois de que os axentes recibisen alertas sobre un forte cheiro a marihuana e haxix procedente dun rocho situado no soto dun edificio residencial da localidade. Os axentes realizaron as comprobacións oportunas e estableceron un dispositivo de vixilancia sobre o rocho. Por iso identificaron a dúas persoas cando se dispoñían a acceder ao mesmo.

Ante a intensidade do cheiro e con autorización do usuario, procederon a inspeccionar o interior e localizaron dous armas de fogo -unha escopeta paralela de canóns recortados e unha pistola municionada-, distinta munición, diversas armas prohibidas -navallas, puño americano-, básculas de precisión, material para o cultivo de marihuana e para o envasado de substancias estupefacientes e drogas.

Así, interviñeron 195 gramos de cocaína, catro paquetes con 3.617 gramos de haxix, 2.058 gramos de marihuana, 410 gramos MDMA, 43 dose de LSD e 1.190 pastillas de éxtases de diferentes cores. Tamén comisaron diñeiro en billetes e moedas por un valor superior a 16.978 euros, unha máquina de contar billetes, unha caixa forte e outros efectos relacionados coa actividade ilícita.

Por todo iso, os axentes detiveron dous homes, nados e con domicilio en Portugal de 21 e 23 anos, como presuntos autores dun delito contra a saúde pública e tenencia ilícita de armas.

Un dos detidos quedou en liberdade en sede policial tras prestar declaración e o outro home ingresou en prisión tras pasar a disposición xudicial no Tribunal de Instrución número 3 de Ponteareas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade