Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nove quilómetros construídos en dúas décadas: reclaman avances na autovía Lugo-Ourense

Nove quilómetros construídos en dúas décadas: reclaman avances na autovía Lugo-Ourense

So está operativo un treito, entre A Barrela e San Martiño, dos 70 proxectados en total

Só está operativo un treito de menos de 9 quilómetros entre A Barrela e San Martiño, dos 70 proxectados
G24.gal 02/02/2026 17:03

Contar cunha autovía entre Lugo e Ourense é unha vella aspiración para o interior de Galicia, pero, en máis de dúas décadas, a A-56 non chega aos 9 quilómetros construídos.

Tras a última resposta do Ministerio de Transportes, os concellos afectados temen que a autovía acabe en corredor  e aseguran que loitarán para evitalo. Por iso traballan conxuntamente para opoñérense a unha modificación do proxecto inicial.

En máis de vinte anos desde que se expuxo o proxecto inicial, o concello ourensán de Vilamarín e o lugués de Carballedo son os únicos aos que chegou a A-56.  Un treito de menos de 9 quilómetros entre A Barrela e San Martiño, dos 70 proxectados en total.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade