Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta permite que os centros embalaxe se encarguen do código de ovos para liberar as granxas

A Xunta permite que os centros embalaxe se encarguen do código de ovos para liberar as granxas

O decreto será publicado proximamente no Diario Oficial de Galicia (DOG) e entrará en vigor aos 20 días da súa publicación

G24.gal 02/02/2026 18:44

O Consello da Xunta aprobou o decreto que regulará o marcado de ovos.

A norma inclúe como principal novidade que os centros de embalaxe poderán encargarse do código destes ovos, ademais das propias granxas.

Con esta medida queren liberar as explotacións desta tarefa e axilizar a súa venda.

A aprobación definitiva da norma, unha iniciativa en que Galicia é pioneira dentro das comunidades, realízase tras someterse a ditame do Consello Consultivo de Galicia.

O decreto será publicado proximamente no Diario Oficial de Galicia (DOG) e entrará en vigor aos 20 días da súa publicación.

Desta forma, establécese a posibilidade de realizar o marcado de ovos no primeiro centro de embalaxe ao que cheguen, a condición de que conte coa preceptiva autorización, á marxe de que, con carácter xeral, levará a cabo na súa explotación de orixe.

A Xunta asegura que esta medida manterá as garantías sanitarias e a rastrexabilidade, ademais de cumprir coa normativa comunitaria e nacional na materia.

O texto legal regula todo o relativo ao lugar onde debe realizarse o marcado e o código distintivo dos ovos, o réxime das autorizacións, aqueles supostos en que se pode exceptuar a etiquetaxe de ovos, as normas sobre a etiquetaxe das caixas e a embalaxe dos ovos, a etiquetaxe facultativa e os distintos controis a que están sometidos os centros de embalaxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar