Por vez primeira na súa historia a bolsa pecha por riba dos 18.000 puntos
O IBEX 35 subiu o 1,31% ata alcanzar os 18.115,2 puntos
EFE/Altea Tejido
A bolsa española subiu este luns o 1,31 % e terminou cun novo récord, por encima dos 18.100 puntos, impulsada polos bancos e o avance das prazas europeas e de Wall Street. O índice de referencia do parqué nacional, o IBEX 35, gañou 234,3 puntos, ese 1,31 %, ata o novo máximo histórico de peche de 18.115,2 puntos. Neste ano revalorízase o 4,66 %.
Despois de pechar a semana pasada no máximo de 17.880,9 puntos, a bolsa iniciaba este mes con pequenas caídas que seguían ao descenso de Wall Street o venres e das prazas asiáticas nesta xornada.
Dos grandes valores, destacou a subida do 2,49 % do Banco Santander, a quinta maior do IBEX, mentres que BBVA gañou o 2,14 %, Telefónica o 1,02 % e Inditex o 0,91 %. Baixaron Repsol, o 1,18 % (terceira empresa máis #baixista do IBEX) e Iberdrola, o 0,18 % %.
A maior subida do IBEX correspondeu a ArcerlorMittal, o 3,92 %; IAG avanzou o 3,63 %, Unicaja o 3,05 % e Banco Sabadell o 2,75 %. Solaria encabezou as perdas do IBEX (-2,47 %), Endesa cedeu o 1,38 %, con Repsol a continuación, seguida de Acciona Renovables, que perdeu o 1,03 % e Indra o 0,73 %.
Os analistas destacan o impacto que está a provocar a decisión de Donald Trump de nomear a Kevin Warsh como próximo presidente da Reserva Federal, que levou a subidas na renda variable europea e a que se rexistre volatilidade no mercado de materias primas, especialmente no valor do ouro e a prata.