Falece aos cen anos o conserveiro Severino Escurís Batalla
Creou varias empresas, a máis destacada, Actemsa, dedicada ao procesamento de peixe conxelado e procesado de túnidos
Participou na fundación de Albacora, líder na pesca de túnidos
Imaxe de maio de 2025 cando recibiu a Medalla de Anfaco á traxectoria empresarial
Severino Escurís Batalla faleceu este martes na Pobra do Caramiñal aos cen anos. Cunha longa traxectoria empresarial sobre todo no sector da pesca e da conserva, era o presidente honorífico de Actemsa, empresa que fundou dedicada á comercialización de peixe conxelado e procesado de túnidos. Tamén participou na creación de Albacora, líder na pesca de túnidos.
Fillo do fundador da conserveira Escurís, no último ano recibiu varios recoñecementos e homenaxes como os do concello da Pobra, onde residía aínda que a súa orixe estaba en Rianxo. Anfaco, a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixe e Marisco, entregoulle en maio de 2025 a Medalla á traxectoria empresarial, unha distinción que recibiu das mans do presidente da Xunta, Alfonso Rueda.