Publicador de contidos

Publicador de contidos

O corte da autovía en Gondomar por un desprendemento manterase unha semana

O corte da autovía en Gondomar por un desprendemento manterase unha semana

O carril sentido Baiona permanece pechado ante o risco de novos aludes

G24.gal 11/02/2026 16:48 Última actualización 11/02/2026 19:53

O corte da autoestrada AG-57 por un desprendemento á altura de Gondomar manterase unha semana.

Os técnicos detectaron que o problema se atopa na parte alta do noiro.

Debido á altura, prevén que haxa que actuar aos poucos desde abaixo, a pé de estrada, para reforzar o noiro, polo que se estima que o corte se manterá polo menos sete días xa que tamén é necesario usar o espazo para a maquinaria.

A circulación en sentido Baiona está interrompida entre os puntos quilométricos 17,600 e 15,500 e o tráfico desvíase ao carril contrario, con dobre sentido.

O corte afecta ao carril sentido Baiona. Está habilitado un desvío que canaliza o tráfico cara ao carril contrario, que funciona provisionalmente con dobre sentido de circulación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade