Publicador de contidos

Levan catro mil euros en material e causan sete mil en danos nun campo de fútbol de Oleiros

Levan catro mil euros en material e causan sete mil en danos nun campo de fútbol de Oleiros

Levaron todas a tubaxes que puideron ata que romperon unha billa e deixaron todo porque non podían cortar a auga

G24.gal 05/11/2021 13:25

Os campos de fútbol da contorna da Coruña están a sufrir unha vaga de roubos no último mes. Un dos máis afectados foi o campo municipal de Iñás, onde os ladróns levaron material por valor de catro mil euros e causaron danos por uns sete mil.

O club Atlético San Pedro foi un dos máis prexudicados. Nese campo municipal adéstranse e xogan 19 equipos. 15 son do Atlético San Pedro. O seu presidente non podía crer o que vía cando chegaron para adestrarse pola tarde.

Pechos e portas rebentadas e fiestra que teñen reixas serradas cunha rebarbadora de batería que quedou tirada no chan. Levaron todas a tubaxes que puideron ata que romperon unha billa e deixaron todo porque non podía cortar a auga.

Vicente Muñoz, presidente do Atlético San Pedro: "Sacaron toda a roupa, levaron produtos de limpeza, roupa de xogar, medias, un equipo de música, a megafonía. Entraron no bar e levaron os muíños do café e todo o que non lles valía desfixeron todo".

O que para un equipo grande é case unha migalla, nun modesto e que traballa, sobre todo, cos rapaces son moitos cartos.

Vicente Muñoz, presidente do Atlético San Pedro: "Somos un equipo dunha aldea, calquera cousa que nos pasa para repoñer ese material pasámolo mal. Ademais as empresas agora non están moi ben e non podemos ir pedirlles outro esforzo".     

O campo está afastados das vivendas, o que fai del un obxectivo fácil, pero non son os únicos que sufriron roubos. Aseguran que en Sada, Cambre, Bergondo e Cecebre tamén houbo asaltos a campos de fútbol.

 



 

Publicidade
Publicidade
Publicidade