Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lestedo reparte 40.000 unidades na festa de exaltación das súas filloas

Lestedo reparte 40.000 unidades na festa de exaltación das súas filloas

Nesta XXVI edición estreou unha nova filloeira para poder repartir 3.000 á hora

A nova filloeira
G24.gal 26/02/2023 19:16 Última actualización 26/02/2023 19:39

Lestedo festexou este domingo a súa tradicional Festa da Filloa. Este ano, na súa XXVI edición, estreou unha nova filloeira para poder repartir unhas 3.000 unidades por hora, doces ou salgadas, pero todas feitas á pedra. 

Centos de persoas achegáronse ata esta parroquia do concello de Boqueixón para degustar o produto estrela da súa gastronomía.

Ao longo do día fixéronse unhas 40.000 filloas nun ambiente festivo no que non faltaron os xenerais do Ulla e, por suposto, a música.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade