Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lembrando os milleiros de galegos que traballaron no canal de Panamá

Lembrando os milleiros de galegos que traballaron no canal de Panamá

Descendentes destes obreiros impulsaron a fundación Nosa Terra para non perder a súa memoria

G24.gal 03/10/2022 16:08

O papel esencial dos nosos obreiros nunha das obras de enxeñería máis importante do mundo segue coñecéndose mellor dende hai anos, grazas tamén a exposicións, libros ou o documental de Anxo Peláez Galegos na canle de Panamá, que emitu a Televisión de Galicia e que conta esta historia dende as primeiras ideas.

Dende Núñez de Balboa ordenando desmontar barcos e carrexalos a pé ata o outro océano e dende o intento serio de canle no século XVI, que Filipe II o Prudente detivo citando a San Mateo: "O que Deus xuntou, non o separe o home".

Pero a comezos do século XX os Estados Unidos lideraron a empresa. Pediron obreiros ao mundo. E os galegos responderon. Fálase de que acudiron arredor de 10.000. E mesmo Theodor Roosevelt eloxiou o traballo dos nosos. 

A canle inaugurouse en 1914. E en 2016, o terceiro xogo de esclusas, tras unha obra liderada pola española Sacyr.

O documental Galegos na canle de Panamá descóbrenos un enxeñeiro galego que traballou na ampliación, bisneto doutro galego que máis de cen anos antes traballara na construción desta grande historia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade