Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aemet amplía a vaga de calor ata o vindeiro mércores 

Aemet amplía a vaga de calor ata o vindeiro mércores 

Leiro marcou este xoves a temperatura máxima de Galicia, con 41,3 graos

G24.gal 07/08/2025 19:12 Última actualización 08/08/2025 09:08

Un día máis Ourense volveu ser a provincia galega máis afectada pola calor con numerosas localidades por riba dos 40 graos.

A temperatura máxima rexistrouse en Leiro, na estación EVEGA, ás seis menos dez da tarde deste xoves. Foi de 41,3 graos.

Ourense cidade chegou aos 41,2 graos. Vilamartín de Valdeorras subiu o termómetro ata os 40,5 na estación da Portela e en Rubiá padeceron 40,3 graos.

Tamén en Lugo tiveron hoxe unha xornada de calor abafante. A temperatura máxima da provincia foron os 40,2 graos rexistrados na estación da Míllara, en Pantón, ás cinco e vinte da tarde.

As provincias da Coruña e Pontevedra foron as máis afortunadas nesta xornada. Lalín chegou aos 30,9 graos, pero na costa roldaron os vinte. E na provincia da Coruña, a máxima marcouna Melide con 31,8 graos.

A vaga de calor amplíase ata o mércores

Precisamente este xoves, a Axencia Estatal de Meteoroloxía volve ampliar a duración da vaga de calor.

As temperaturas seguirán sendo extremas, polo menos, ata o mércores que vén. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade