Cargando resultados...
Julio Bernárdez, novo presidente da Federación Galega de Baloncesto
Impúxose a Rafael Silva e a Javier Cotelo e será o sucesor de Francisco Martín
G24.gal
08/02/2023 22:24
Julio Bernárdez será o presidente da Federación Galega de Baloncesto para os vindeiros catro anos. Bernárdez colle a remuda de Francisco Martín Micó (no cargo desde 2006) logo de impoñerse nas votacións a Rafael Silva e a Javier Cotelo, os outros dous candidatos á presidencia.
O novo presidente ten 64 anos, foi xogador do Salesianos, Obradoiro e Porriño e como adestrador estivo en equipos como o propio Obradoiro, o Celta ou o Amfiv. Traballou no Concello do Porriño como técnico de deportes durante moitos anos e agora pretende traspasar toda a súa experiencia e vivencias no baloncesto ao ente federativo.