Publicador de contidos

Publicador de contidos

Juan Míguez, medalla de prata de Protección Civil, tras 40 anos traballando na agrupación do Carballiño

Juan Míguez, medalla de prata de Protección Civil, tras 40 anos traballando na agrupación do Carballiño

Lembra con especial dureza os momentos en que se atopou con vítimas, sobre todo nas estradas

Juan Míguez nas instalacións de Protección Civil
G24.gal 29/10/2021 12:35

Traballan gratis, de noite, as fins de semana e nas peores situacións para axudar. Son os voluntarios de Protección Civil, que moitas veces fan un traballo calado, pero que ten a súa recompensa.

Juan Míguez leva corenta anos na agrupación do Carballiño. Iso valeulle, entre outras cousas, para que o agasallaran coa medalla de prata ao mérito de 2021.

Viu nacer a agrupación que coordina hai corenta anos. Hoxe dispoñen de medios, pero os comezos foron ben complicados. 

Lembra con especial dureza os momentos en que se atopou con vítimas, sobre todo nas estradas. Está contento polo recoñecemento, pero está orgulloso de que non sexa todo mérito seu.

Agora aínda que teñen medios o que botan de menos é xente que queira ser voluntaria, vese que a solidariedade xa non é gratis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade