José Juan: "Encantaríame que nos tocase o Celta"
José Juan: "Encantaríame que nos tocase o Celta"
O porteiro vigués volveu ser o heroe na Copa do Rei ante o Levante coma o ano pasado ante o Real Madrid
Recoñece que na seguinte rolda lle gustaría xogar ante o seu exequipo
Aos seus 42 anos aínda non pensa na retirada
O porteiro vigués do Alcoiano José Juan xogou onte Ao contraataque. O cérbero volver ser o gran protagonista do pase do seu equipo aos dezaseisavos de final da Copa do Rei ao eliminar o Levante na quenda de penaltis. Nesta competición xa tivera un gran protagonismo o ano pasado eliminando o Real Madrid:
"Non hai nin un ano que pasou o do Real Madrid e xa estamos outra vez. Non imaxinaba vivir algo así de novo. Se non nos toca un dos grandes grandes, que nos toque o Celta. Encantaríame xogar contra eles. Sei que nos goles puiden facer máis, pero nos penaltis quitei esa espiña. Tiñamos estudados os lanzadores. Tento aproveitar este momento. Non teño contrato aínda para o ano que vén. Pero soamente quero gozar do día a día"