Publicador de contidos

Publicador de contidos

José Ángel, tras a volta por lesión: "Puxen o corpo ao límite"

José Ángel, tras a volta por lesión: "Puxen o corpo ao límite"

O mediocampista volveu despois de 5 meses 

"Foi longo e complicado"

G24.gal 08/10/2025 14:26

José Ángel Jurado regresou aos terreos de xogo no Deportivo-Almería despois de 5 meses mancado. O sevillano tivo que pasar polo quirófano por unha pubalxia. Cando estaba traballando na súa recuperación durante a pretemporada, outra lesión no cuadríceps freaba a súa evolución. "Foi longa e complicada", dixo en conferencia de prensa sobre o proceso. ¨Nunca estiven tanto tempo lesionado. Foi algo novo para min¨, recoñeceu. 

A pesar das molestias que tiña mentres medraba a lesión, José Ángel decidiu axudar o equipo. "Creo que o equipo me precisaba nese intre e creo que podía dar unha boa versión de min, entón decidín seguir. Para xogar a segunda volta tiña que enfrontarme a cousas médicas importantes e así o fixen, puxen o corpo ao límite". 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade