Publicador de contidos

Publicador de contidos

Real Sociedade e Oviedo, rivais do Negreira e do Ourense C. F. na primeira rolda da Copa

Real Sociedade e Oviedo, rivais do Negreira e do Ourense C. F. na primeira rolda da Copa

O Celta xogará en Asturias contra o Puerto de Vega

O Deportivo viaxa ata Castro Urdiales para enfrontarse ao Sámano

Haberá derbi galego no Couto entre a Unión Deportiva Ourense e o Pontevedra

O Rácing de Ferrol terá un desprazamento complicado ao campo do Langreo

G24.gal 06/10/2025 12:30 Última actualización 06/10/2025 13:36

Minuto a minuto

Desde as 13:00 teremos o sorteo da primeira rolda da Copa do Rei. O Negreira e o Ourense Club de Fútbol agardan un rival de Primeira División. Poden emparellarse a catro equipos: Celta, Alavés, Real Sociedade ou Oviedo. Tamén entran nesta primeira eliminatoria o Deportivo, o Rácing de Ferrol, o Pontevedra e a Unión Deportiva Ourense. 

Xa se atopan os xogadores e o corpo técnico do Negreira agardando polo seu rival. Será un día histórico para a vila nicrariense

NEGREIRA - REAL SOCIEDADE

PUERTO DE VEGA - CELTA

OURENSE CLUB DE FÚTBOL - REAL OVIEDO

SÁMANO - DEPORTIVO

LANGREO - RÁCING DE FERROL

UD OURENSE - PONTEVEDRA

Xa coñecemos os sete emparellamentos dos equipos galegos na Copa do Rei. Un histórico como a Real Sociedade visitará o García Calvo de Negreira. O Ourense Club de Fútbol xogará no Couto contra o Real Oviedo. O Celta terá un desprazamento curto e xogará contra o Puerto de Vega asturiano, na fronteira con Ribadeo. O Deportivo irá ata Castro Urdiales para xogar contra o Sámano cántabro, o Rácing de Ferrol desprazarase a Langreo e haberá un derbi no campo do Couto entre a Unión Deportiva Ourense e o Pontevedra. 

Javier Quiroga, director xeral do Ourense Club de Fútbol: "Preferiamos o Celta pero o Real Oviedo está preto. Moi ilusionados de volver recibir un equipo de Primeira División no Couto. É un orgullo e debemos valoralo".

Adrián Vázquez, adestrador do Negreira, logo do emparellamento coa Real Sociedade: "Para nós é espectacular. Tanto Celta como Oviedo estariamos encantados pero a xente quedou contenta co sorteo. A ver si conseguimos un cheo histórico". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade