Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hugo Álvarez, sobre os incendios: "Foron días moi duros"

Hugo Álvarez, sobre os incendios: "Foron días moi duros"

O ourensán atendeu os medios na previa do encontro Xuntos contra o lume

"Temos a oportunidade de axudar e farémolo"

 

G24.gal 07/10/2025 16:18

Este mércores celébrase o partido Xuntos contra o lume entre o Celta e un combinado de xogadores da provincia de Ourense. O encontro ten un fin totalmente benéfico para apoiar a reforestación dos montes galegos arrasados polos incendios, especialmente  na provincia de Ourense. 

Por mor desta cita, o ourensán e xogador do Celta Hugo Álvarez, compareceu en conferencia de prensa e recoñeceu que "foron días moi duros" e que lle chegaban imaxes dos incendios. O partido comezará ás 20:00 en Balaídos e pódese ver en http://Agalega.gal . 

Hugo tamén falou da súa volta tras o tempo que estivo afastado dos terreos de xogo debido á lesión de xeonllo: "É unha lesión que ás veces che dá algún golpiño de dor, pero estou moi tranquilo". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade