Eddahchouri, sobre a súa suplencia: "Non cheguei ao Dépor por min. Respecto o que decida Hidalgo"
O dianteiro holandés recibiu o premio ao mellor xogador do equipo coruñés no mes de setembro
Zakaria Eddahchouri, máximo goleador do Dépor con cinco tantos, non cre que o seu equipo teña "máis presión" por ser o actual líder da Liga.
"Non temos presión por ser líderes. Sempre é unha aventura nova poder xogar contra equipos fortes e ao final nós somos o Deportivo e gústanos xogar contra os mellores equipos", afirmou tras recibir o premio Estrella Galicia ao mellor xogador deportivista de setembro.
Zakaria Eddahchouri restou importancia ás súas últimas suplencias.
"Cando vin ao Deportivo non vin por min, senón para axudar o equipo. Está claro que hai un adestrador que ten as súas eleccións, respéctoo, pero eu non penso no aspecto individual, senón no mellor para o equipo. A decisión que tome o míster sempre é a boa", concluíu.