Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Uni Ferrol comeza a súa andaina na Euro Cup

O Uni Ferrol comeza a súa andaina na Euro Cup

Este xoves visita o Benfica 

Lino: ¨Vai ser un mes moi esixente¨

A TVG2 e a plataforma agalega.gal retransmitirán todos os partidos do Uni na EuroCup

G24.gal 07/10/2025 13:30

Despois da histórica fazaña da pasada temporada na que o Uni Ferrol chegou á final da Euro Cup Woman, este ano o conxunto dirixido por Lino López quere quitar a espiña  do curso anterior e facerse co título continental. 

A primeira parada da viaxe europea será este xoves coa visita ao Benfica, ás nove e media da noite hora galega. O segundo chegará o mércores 15 de outubro ás oito e cuarto da tarde na Malata, coa estrea do equipo galego ante a súa afección fronte ao Ostrava de Chequia. O terceiro encontro que pechará a primeira volta xogarase o día 22 de outubro en Polonia, coa visita do Baxi Ferrol ao Sosnowiec ás seis da tarde.A segunda parte da liguiña terá o seguinte calendario: Mércores 29 de outubro: Baxi Ferrol-Benfica ás oito e cuarto. Mércores 5 de novembro: Ostrava-Baxi Ferrol ás sete e cuarto da tarde. Mércores 26 de novembro: Baxi Ferrol-Sosnowiec ás oito e cuarto da tarde. 

A TVG2 e a plataforma Agalega.gal retransmitirán todos os partidos do Uni Ferrol durante a andaina europea. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade