Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dobre triunfo galego na liga feminina de baloncesto

Dobre triunfo galego na liga feminina de baloncesto

O Ensino gaña en Gran Canaria nun final axustado (79-83)

O Uni ferrol vence con comodidade na pista do Cadi La Seu (61-89)

@EnsinoLugoCB @EnsinoLugoCB
G24.gal 07/11/2025 21:40

Gran xornada para os intereses galegos na liga feminina de baloncesto. Ensino e Uni Ferrol xogaban a domicilio e ambos acadaron importantes triunfos.

O Ensino sumou a súa quinta vitoria consecutiva ó derrotar 79–83 a Gran Canaria. O partido foi igualado ata o terceiro cuarto onde as lucenses semellaban rachar o partido ó coller unha renda de 10 puntos (57–67). Pero as canarias tiveron un arreón final que as colocou no último minuto a dous puntos (79-81). Imani tate foi a máxima anotadora das galegas con 25 puntos. As de Suso Garrido souberon aguantar e fixéronse cunha valiosa vitoria que as coloca con cinco triunfos, compartindo liderado con outros catro equipos: Valencia, IDK, Girona e Zaragoza.

O Uni Ferrol esqueceuse do esvarón da semana pasada en liga ante o Estepona e derrotou a domicilio a Cadi la Seu (61-89). As de Lino López fixeron valer a súa defensa agresiva e o seu acerto desde a liña de tres puntos para rachar o partido desde o inicio. Con Joris e Erjavec coma grandes referentes anotadoras. Ambas sumaron 17 puntos con cinco triplas incluidas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar