Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yeremay atrévese co galego: “Oxalá que moitos canteiráns poidan facelo mellor ca min”

Yeremay atrévese co galego: “Oxalá que moitos canteiráns poidan facelo mellor ca min”

A presentación do Dépor Training Center deixou espazo para a canteira e Yeremay atreveuse, por primeira vez, en galego para deixar unha mensaxe aos canteiráns

G24.gal 01/10/2025 11:51 Última actualización 01/10/2025 12:04

A presentación do Dépor Training Center deixou espazo e protagonismo para a canteira. Un dos canteiráns que alcanzaron o primeiro equipo é Yeremay Hernández, quen aproveitou a ocasión para animarse por primeira vez en galego e deixar unha mensaxe para os canteiráns presentes.

“Diríalle que traballen moito e gocen moito. Teñen a posibilidade de chegar ao primeiro equipo. Oxalá que moitos deles cheguen e o fagan igual ou mellor que eu”, dixo o canario.

O caso de Yeremay non é, nin moito menos, o único éxito que tivo a canteira nas últimas tempadas. Dani Barcia leva desde os seis anos no club e, na súa intervención, recoñeceu o seu parte favorita da cidade deportiva.

“Da primeira cidade deportiva encantábame a cafetería. Subía e Alfonso facíanos uns zumes de laranxa incribles. Na nova pásase moi ben non vestiario. Estou moi contento coa nova cidade deportiva e co novo vestiario”, admitiu o central.

Tamén o Dépor Abanca é un exemplo neste sentido e Elena Vázquez e Eva Dios foron as encargadas de representar ao equipo neste acto. Ambas incidiron no orgullo que supón para elas formar parte dun club como o Deportivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade