Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jorge Cuesta novo adestrador do Arenteiro

Jorge Cuesta novo adestrador do Arenteiro

O técnico vigués é o elixido para substituír a Jesús Arribas

Será a súa primeira experiencia na Primeira RFEF

@CD_Arenteiro @CD_Arenteiro
G24.gal 17/11/2025 22:40

O Arenteiro xa ten novo adestrador. Jorge Cuesta será o encargado de tentar sacar ó equipo do Carballiño da súa compricada situación clasificatoria. Despois da derrota deste pasado fin de semana o equipo verde é o último clasificado pero soamente está a tres puntos dos postos de salvación. A súa estrea será no Espiñedo o próximo sábado no derbi provincial ante o Ourense CF.

Cuesta chega despois de facer dúas temporadas brillantes no fútbol galego. Primeiro na Sarriana na 3RFEF e logo no Bergantiños onde a temporada pasada acadou a permanencia con tranquilidade na 2RFEF. O técnico formouse nas categorías inferiores do Celta e tamén tivo un paso polo fútbol chinés. No comunicado oficial o Arenteiro destaca a súa aposta polo talento galego:

"Con esta incorporación, o club aposta por un técnico meticuloso, esixente e cun coñecemento profundo do fútbol galego e nacional, preparado para liderar o proxecto verde nesta nova etapa."

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade