Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ourense C. F. cae pola mínima en Barakaldo e segue a tiro do descenso

O Ourense C. F. cae pola mínima en Barakaldo e segue a tiro do descenso

Tiveron ocasión de adiantarse os galegos, pero acabaron apañando o gol de Huidobro

No último minuto, Amín estrelou un balón no traveseiro

G24.gal 08/03/2026 21:19

O Ourense C. F. fixo un bo partido en Lasesarre, en que gozou de ocasións, pero acabou perdendo diante dun rival da zona alta, que o mantén a tiro dos postos de descenso.

Porque os das Burgas gozaron das primeiras ocasións. Na primeira metade, un remate de Raúl Hernández saíu desviado. E, xa na segunda, o remate era de Martín Ochoa, e sacaba Gaizka Campos cun paradón.

O Barakaldo cazou a primeira clara que tivo. Foi no minuto 55, cando Huidobro remachaba a pracer desde a frontal da área pequena un servizo desde a dereita. Puido ampliar a renda o cadro vasco, pero ÍñigoMuñoz estragou un penalti.

E así chegouse ao treito final. A un minuto do 90, Amín estrelaba un remate no traveseiro que puido ser o empate. Non era o día do Ourense C. F., que cedeu unha derrota en Lasesarre.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade