Publicador de contidos

Publicador de contidos

Loureiro: "Hai momentos na temporada en que é complicado responder ás expectativas"

Loureiro: "Hai momentos na temporada en que é complicado responder ás expectativas"

O defensa cercedense pide que club e afección vaian da man neste treito final do campionato "porque temos un reto moi bonito por diante e unha oportunidade incrible para gozar todos xuntos"

G24.gal 12/03/2026 13:39

O central cercedense Miguel Loureiro quere pasar páxina canto antes da derrota do pasado domingo diante do Granada e retomar os obxectivos que ten o Deportivo.

"Hai un reto moi bonito por diante, unha oportunidade incrible para gozar todos xuntos. Temos que abrazar esa responsabilidade e collela con calma", asegurou o defensa do equipo coruñés. 

Loureiro apela ao factor Riazor aínda que os números do Deportivo están a ser moito mellores como visitante.

"Temos a mellor afección da categoría e serán determinantes de aquí ao final da temporada".

O xogador da Silva sabe que hai momentos nun campionato nos que o rendemento do equipo non pode ser o máximo: "Cando hai tanta ilusión tradúcese nunha esixencia e expectativas moi altas e todos os equipos pasamos por momentos nos que é difícil estar no punto máis alto do rendemento", asegurou na comparecencia de prensa.

O Deportivo afronta o partido diante do Ceuta do vindeiro sábado no cuarto posto da clasificación, a tres puntos do ascenso directo e con tres de marxe sobre o sétimo clasificado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade