Jessica Bouzas non pode con Carle e cae en primeira rolda de Hobart
Jessica Bouzas non pode con Carle e cae en primeira rolda de Hobart
A tenista galega plantou cara ante a arxentina, pero tras igualar o partido no segundo set, foise abaixo no terceiro, onde Carle foi moi superior
A arxentina Maria Lourdes Carle, procedente da fase previa, volveu interpoñerse no camiño de Jessica Bouzas e tras gañar en tres sets (6-3, 3-6 e 6-0), alcanzou a segunda rolda do torneo de Hobart.
A galega, a pesar de ter mellor ranking que a suramericana, perdeu as tres veces que se enfrontaron. Nunca a gañou. Caeu en Bucarest, no 2023 sobre terra, en Porto Vallarta, o pasado ano, en pista dura, e esta vez en Hobart, en portas do Aberto de Australia.
Carle, 94 do ranking feminino, tardou dúas horas e cinco minutos en gañar á de Vilagarcía que tentou reaccionar no segundo parcial pero que se afundiu no terceiro. A arxentina enfrontarase en segunda rolda á estadounidense McCartney Kessler que gañou á eslovaca Rebecca Sramkova, sétima favorita, por 6-3 e 7-5.