Cargando resultados...
Javier Guerra presenta a súa candidatura para presidir o PP de Vigo
O Partido Popular de Vigo elixirá entre o senador e Marta Fernández Tapias
G24.gal
27/11/2021 16:16
Hai dous aspirantes para presidir o Partido Popular de Vigo. Hai unha semana era Marta Fernández Tapias a que daba o paso e este sábado oficializaba a súa candidatura Javier Guerra.
Fíxoo nun acto na Laxe, no que o senador e exconselleiro estivo arroupado por ducias de militantes e algunhas caras coñecidas do Partido Popular na cidade olívica.
Ofrece a súa experiencia como aval e presenta como lema fundamental da súa campaña a unión de cara ao congreso que se celebrará dentro de tres semanas.