Publicador de contidos
Publicador de contidos

Javier Guerra chama a crear en Galicia o Silicon Valley da moda

Javier Guerra chama a crear en Galicia o Silicon Valley da moda

O empresario e exconselleiro é o novo presidente do Clúster do Téxtil e da Moda

Presentou o novo plan estratéxico, que prevé un investimento de 16 millóns de euros nos próximos tres anos

Alfonso Rueda na Asemblea Xeral de Cointega
G24.gal 10/07/2024 18:56 Última actualización 10/07/2024 20:36

O empresario e ex conselleiro de Industria Javier Guerra é o novo presidente de Cointega- Clúster do Téxtil e da Moda de Galicia tras ser elixido na asemblea que se celebrou este mércores en Santiago. Javier Guerra substitúe a José Antonio Conde, que estivo no cargo 40 anos.

Na asemblea, a patronal galega do téxtil presentou o seu plan estratéxico, que prevé un investimento de 16 millóns de euros nos próximos tres anos. O sector marca como retos para "reinventarse" a innovación, a sostibilidade, a cooperación, a formación e o talento e a internacionalización.

Na clausura, Javier Guerra chamou a crear en Galicia un Silicon Valley da moda e do téxtil: "aproveitando que temos o Apple do sector (Inditex)". Instou a reforzar os lazos coas empresas do norte de Portugal. Nese acto o presidente da Xunta Alfonso Rueda comprometeu o apoio do seu goberno ao téxtil, "fundamental para a marca país".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos