Cargando resultados...
Javi Díaz renova co Cangas e será o máis veterano da Asobal
Leva xogando na elite do balonmán español desde o ano 1993
Esta temporada foi o sexto porteiro con máis paradas da liga
G24.gal
16/06/2022 19:36
Javi Díaz seguirá unha temporada máis no Balonmán Cangas. Acaba de cumprir 47 anos e asinou a renovación co Frigoríficos do Morrazo. Será a súa temporada número 23 xogando na Liga Asobal.
Debutou no ano 1993, con dezaoito anos. Pero se non miramos o carné de identidade e nos fixamos nos números, Javi Díaz foi o sexto porteiro con máis paradas da liga a temporada que termina. Eterno, Javier Díaz Pérez.