Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jacobo Rey, director xeral de Familia: "Na escolarización de 0 a 3, Galicia é lider absoluta"

Jacobo Rey, director xeral de Familia: "Na escolarización de 0 a 3, Galicia é lider absoluta"

No curso pasado a taxa de escolarización en 0-3 anos situouse por riba do 56 %

Dubida que o Goberno central achegue fondos para financiar as prazas gratuítas 

G24.gal 16/03/2024 10:56 Última actualización 16/03/2024 13:35

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta, Jacobo Rey,  cualifica de "excepcional" a valoración da Xunta do que será o terceiro curso  no que Galicia terá totalmente gratuítas as escolas infantís de 0 a 3 anos, unha medida que beneficia unhas 31.000 familias e para a que a Xunta destina anualmente 60 millóns de euros.

Nunha entrevista no Galicia por diante fin de semana, no día en que se abre o prazo para solicitar praza para o vindeiro curso, Rey destaca que esta iniciativa permite que Galicia lidere entre as dezasete comunidades autónomas a taxa de escolarización neste tramo de idade, onde a escolarización é voluntaria.

Galicia "supera en dez puntos a media española", un feito, di, "do que sentirnos orgullosos" porque "indica que Galicia é a comunidade na que máis familias poden acceder a unha escola infantil 0 a 3 e facelo ademais de balde"

"Os datos oficiais do Ministerio de Educación din que Galicia é líder absoluta en España en escolarización de 0 a 3. Unha cuestión que cremos que é moi difícil de acadar".

O director xeral de Familia asegura que no curso 2022-2023 a taxa de escolarización nesta tramo de idade se situou no 56 % e aumentou 6 puntos. 

Respecto á posibilidade de que o Goberno central achegue fondos para participar nesta iniciativa da gratuidade neste tipo de escolarización, Jacobo Rey amosouse escéptico. Máis logo de transcender que non haberá Orzamentos Xerais do Estado para 2024.

"Non temos ningunha noticia e é certo que o feito de que -como soubemos estes días- decaian os orzamentos xerais do Estado, entendemos que non é moi boa noticia de cara a acadar que o Goberno central -dalgunha forma- achegue fondos para financiar as preto de 32.000 prazas 0-3 gratuítas que hai en Galicia e que son financiadas exclusivamente no programa de gratuidade pola Xunta e tamén nas prazas que dependen das escolas municipais e que tamén son sufragadas ademais de pola Xunta polos concellos, que son os titulares", explicou. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar